O OBSERVATORIO METEOROLÓXICO

O meu observatorio meteorolóxico que teño instalado en Campo Lameiro, na zona de A Lagoa, comezou con tan só un pluviómetro homologado Hellmann 200 mm cedido por AEMET en Febreiro do ano 2017. Foi aí cando comecei a colaborar con eles, recollendo datos diarios de precipitación e enviandoos á axencia ao remate de cada mes. En Maio 2018, adquirín tamén, por medio da AEMET, unha caseta de madeira que consta de dous termómetros, un que vale para medir a temperatura máxima, e outro para a temperatura mínima e actual, así como tamén dun evaporímetro, que sirve para medir a evaporación diaria. Ao igual que co pluviómetro, diariamente teño que ir medir a temperatura máxima, mínima e a evaporación. Foi en Febreiro do 2019 cando, por fin, puiden adquirir unha estación meteorolóxica automática DAVIS VUE, algo que me facía moitísima ilusión, porque así podo ter todo monitorizado en tempo real, e recoller datos que, de xeito manual, non sería posible. Ademais, envío datos a diversas páxinas de redes de estacións meteorolóxicas en internet, como Meteoclimatic, NOROMET (rede de aficcionados do noroeste Peninsular), ou tamén a WUNDERGROUND, unha páxina de estacións meteorolóxicas a nivel mundial.

Vista cara o suroeste. En primeiro plano a caseta de madeira, á esquerda o pluviómetro Hellmann 200 mm e, ao fondo, a estación automática DAVIS VUE
Anuncios