Setembro en Galicia: moi cálido e moi seco

Ao igual que acontecerá no pasado mes de Agosto, as altas presións e a ausencia de bolsas de aire frío en altura e pequenas borrascas contribuiron a que a maior parte do tempo na comunidade a situación meteorolóxica fora estable. A posición do centro de altas presións ao norte da Península bloquea por completo a chegada das borrascas, desviandoas cara latitudes máis norteñas. Isto que comento vémolo perfectamente na análise do xeopotencial a 500 hpa dominante en Setembro en Europa:

Sigue leyendo

Anuncios

A calor chega de golpe: Unha vaga de calor afectará á Península a partir do Mércores

t850_102

Temperatura a 850 hpa prevista polo modelo GFS para o Venres.

Este tempo fresco e húmido, sen grandes calores, que viñamos tendo ata agora, polo que se caracterizou o que levamos de Verán, semella que chega ao seu fin. A partir de mañá comezaremos a estar influenciados por unha potente dorsal anticiclónica que nos traerá moita calor procedente do continente Africano, tal e como vedes na imaxe que encabeza este artigo. O mapa mostra a temperatura a 850 hpa (1500 metros de altitude) prevista polo modelo GFS para o Venres. Vemos como as cores cálidas se apoderan do sur de Europa pero especialmente da Península Ibérica, xa que será por aquí por onde entre toda esa lingua de aire cálido. No suroeste e oeste da Península, a ese nivel de 850 hpa, acadaranse temperaturas de 24-27ºC, son valores moi, moi altos para esa altitude, e isto tradúcese en superficie, alí onde os ventos mariños non supoñan un problema, é dicir, no interior, valores de 40ºC de temperatura máxima ou máis durante varias xornadas, polo tanto hai que estar moi pendentes.

HLQy6l3WKk

Evolución da anomalía da temperatura a 850 hpa

A animación que vedes á esquerda, mostra a evolución da anomalía da temperatura a 850 hpa ata o vindeiro Luns. Vendo ese mapa, creo que o tema está bastante claro. Anomalías cálidas moi potentes a esta altura sobre o oeste Penínsular, pero especialmente no noroeste, isto danos unha idea da rareza de que nos visiten estas ISOS (valores de temperatura a 850 hpa) aos que vivimos no noroeste de España, non é moi habitual ver case a iso 28ºC chegar a Galicia, pero na comunidade, agás no interior, a temperatura máxima que finalmente se acade depende moito do vento en superficie, xa que estamos rodeados de mar e a influenza das brisas pode facer que a máxima se acade moi cedo, para despois ir baixando e posteriormente, a última hora, volver a subir co cambio de vento de terra a mar, é algo moi habitual este proceso.

anim_wrf_arw_det_d03_temp_sfc

Evolución das temperaturas en superficie dende o Martes ata o Venres. Modelo WRF.

Polo tanto, con esta situación o que hai que agardar é un ascenso moi notable das temperaturas a partir do Mércores con máximas que o Xoves xa poderían chegar aos 40ºC no Miño de Ourense, así como tamén noutras zonas baixas do interior Galego. Como vedes na animación, ollo tamén ás temperaturas mínimas, xa que a masa de aire cálido é moi potente, e non só fará calor polo día, senon tamén pola noite, con moitas mínimas tropicais (mínima por riba dos 20ºC), especialmente no suroeste de Galicia onde tamén non se descarta que nas zonas máis habituáis non se baixe dos 25ºC (noite ecuatorial). A zona coa temperatura máis baixa neste episodio? Como case sempre, a Mariña, pero por alí tamén se espera un ascenso térmico pero con valores moito máis suaves que no resto da comunidade. Esta vaga de calor, aínda que non está claro de momento, pode durar ata o Domingo-Luns para despois ir baixando pouco a pouco a temperatura coa chegada de frescor marítimo, pero non está moi claro de momento.

Tanto na conta de Twitter coma de Facebook que teño dispoñible estaredes informad@s a diario do que o tempo nos vaia presentando e das últimas actualizacións dos modelos e pronósticos, tanto para Galicia como para o resto da Península Ibérica.