Comezamos o Outono con tempo de Verán

ECMOPEU00_144_1

Configuración prevista polo modelo ECMWF para mediados da semana do 24/30 de Setembro.

Estamos a ter un Setembro marcado pola influencia das altas presións, tan só a comezos de mes, cando chegou algo de aire frío en altura, tivemos algunhas treboadas con temperaturas máis frescas, xunto con estes días pasados, pero o resto das xornadas a verdade é que as temperaturas están a ser cálidas para a época do ano, e semella que así seguiremos coa entrada da nova semana, e do Outono.

E é que, tal e como vimos seguindo todos estes días pasados nas redes sociais,  os modelos estaban empeñados en que a partir desta fin de semana se ía formar un potente centro de altas presións rondando as Illas Británicas, bloqueando o paso a calquer borrasca que se intentase achegar ás inmediacións da Península Ibérica, especialmente dende o Atlántico, xa que na marxe Mediterránea os ventos do leste seguirán aportando humidade e nubes, con tempo máis fresco nesas zonas que no norte e oeste de España, o contrario ao habitual.

Na imaxe que encabeza este artigo vemos a configuración prevista polo modelo ECMWF para mediados da vindeira semana. Dominan claramente as altas presións, habendo, por un lado, no Atlántico, unha borrasca que estará rondando as Illas Azores bastantes debidas debido á presenza dese forte anticiclón que comentaba antes, nas Illas Británicas. Por outra banda, por riba dese anticiclón sí que se colarán pequenas borrascas que irán parar a Europa, onde terán unha entrada fría bastante importante para a época.

ZFLJiwcPNU

Animación das anomalías da temperatura a 850 hpa ata o Venres 28 de Setembro.

E isto podémolo ver na animación da anomalía das temperaturas a 850 hpa dende hoxe ata o vindeiro Venres 28 de Setembro. Temos un anticiclón forte situado na contorna de Inglaterra. Fixádevos no importante desaloxo de aire frío que lle afectará a boa parte do continente, con anomalías de temperatura moi baixas para a época, ata 12ºC por debaixo do que sería o normal/habitual para estas datas. Pero, por contra, mirade a tremenda diferenza desas zonas coa suroeste Europeo, e especialmente coa Península. Nós quedaremos nunha zona con advección cálida, ventos do leste (terrales na maior parte de Galicia), ceo totalmente limpo, e temperaturas moi altas para a época do ano. Ademais, seguramente, a presenza dunha borrasca en Azores axude a atraer algo máis de aire cálido cara nós, debido aos vento do sur asociados á baixa.

Polo tanto, agárdanos unha semana de calor e ceos despexados, aínda que polas noites no interior refrescará, xa que as noites cada vez son máis longas e os días máis curtos. Tamén existe a posibilidade de que cara finais da vindeira semana se cole algo de aire frío en altura polo flanco sur do centro de altas presións, afectando, como consecuencia, á Península, podendo traer algunhas néboas ao litoral, así como tamén treboadas ao interior da comunidade Galega, pero para isto queda moito.

-Ata cando teremos tempo seco e cálido?

wk1.wk2_20180921.z500

Tendencia semanal do CFS das anomalías a 500 hpa.

A imaxe da esquerda mostra as anomalías do xeopotencial a 500 hpa previstas polo modelo CFS dende hoxe ata o día 5 de Outubro. Vemos como existe unha gran anomalía positiva no Atlántico, é un potente anticiclón que semella que quere estar aí durante bastante tempo, ata comezado o novo mes, polo menos, polo que non se agardan grandes cambios no que resta de Setembro, de momento, a primeira gran borrasca Outonal coa súa fronte asociada vai ter que agardar, xa que cun centro de altas presións tan potente facendo de bloqueo ante as borrascas que quixeran pasar, é imposible que algunha nos afecte, polo que circularán polo norte deste, indo parar a Europa onde poderían seguir tendo temperaturas máis frescas do normal.

Por outra parte, o Atlántico continúa estando activo, xa que estamos en temporada de furacáns, e estes sistemas inflúen moito na evolución inicialmente prevista, polo que esas tendencias semanais hainas que tomar con cautela e como o que son, como unha posible tendencia. A máis probable, como xa comentei, é que continúe a estabilidade ata comezado o novo mes, agás pola posible aparición dalgunhas treboadas no interior a finais de semana vindeira.

Tanto na conta de Twitter coma de Facebook que teño dispoñible estaredes informad@s a diario do que o tempo nos vaia presentando e das últimas actualizacións dos modelos e pronósticos, tanto para Galicia como para o resto da Península Ibérica.

 

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s